.

.

ARTÍCULOS

*A RÚA DA SAUDE*


De cando eramos cativos

A miña calle era a “calle da Salú”. Maldito se sei por que lle chamaban así (moita non había), como non sexa que por alí pasaban as mulleriñas doentes cara os Baños Novos, o balneario de Cambón, a remediar sabe deus o que. 

Polo demais: unha vía máis, como a de calquera  pequena vila, mal feita pero para min chea de encanto. Era unha rúa estreita, de casas dunha planta, máximo dúas. Pobres, pero onde os portais estaban sempre abertos, e as bicis ou as motos descansaban diante delas, sen máis. 

Como digo, unha rúa corrente, onde o máis coñecido era a Casa Xusto, a mellor casa de comidas do mundo, Ata viñera Franco comer unha vez alí, segundo dicían. E estaba o edificio onde se cobraban as pensións, tamén chamado Instituto Nacional de Previsión (facendo esquina coa rúa Cinceiro), que tiña unha porta cega co único asento de toda a rúa. Para nenos claro. Daquela levábao o Sr. Suárez, o home da misteriosa e encantadora Dna Lulú (non tiñan fillos). A min caíanme moi ben os dous: sempre tan amables, tan educados e de boas maneiras; sempre xuntos. 

Na parte de arriba da “Previsión” había e aínda hai, un piso onde chegou a estar a que fora sé da Falanxe. Por certo, alí vin eu a miña primeira película: un corto sobre vikingos en branco e negro, que me deixou cos meus ollos de cativo como pratos. “¿E cando volven facer cine?”, preguntei. “Para o mes que vén rapaz”. E eu crino. Pobriño de min. ¿Cine, dis que se chama?. Estiven moito tempo agardando por outra sesión. Xuntábase moita xente alí; non había moito onde escoller, para a xente nova, e había xogos, e libros; e sempre ocorría algo interesante. Con ser humilde a miña calle, habíache cousas moi importantes : ¿quen non recorda “a de Vitolo”, o mellor taller de bicicletas de todo Carballo. Bueno, estaba Periscal tamén... ¿Canto custaba o aluguer dunha bicicleta por hora ou día?, ¿un patacón?, ¿un real?. Que alguén mo diga. ¡E que boa persoa era Vitolo!. É que máis que unha rúa era un barrio, pois a rúa Victoria e a Cinceiros, tamén formaban parte da denominación de orixe “Calle da Salú”. 

Na rúa Victoria tiñamos a chatarreiría máis importante do meu cativo universo: á de Lerio. Incluso eu teño feito uns patacóns apañando algo de ferro ou cobre por aí. Quen ía a dicir que, co tempo, íase converter nunha empresa tan importante en Carballo, ¿eh Manolo?. E moitos máis sitios “importantes” como a froitería das Zocas, o taller de rodas de Quico Arán, a carpintería de Penedo contra o Río Pequeno (sei que lle chaman doutra maneira, o Rego da Balsa, pero nós chamabámolo así), e a parte de atrás da casa de Calvo. 

E na fronteira leste da Provincia ou mini-estado da “Calle-de-la-Salú”, estaba o ultramarinos de Doña Amalia. ¡Buá, tíos!, e que case tiñamos de todo, como vedes. E mais tascas, como O Rincón (aínda existe case igual, manda truco) e o de Tarde-piaches, ¿quen sabe por que lle puxeron ese alcume?. 

Logo había cousas curiosas que ben seguro que algún de vós aínda recordará: fronte a miña casa, preto da Casa Xusto, pegado á de Dona Olimpia (a nai dos meus amigos Julio e Samuel), había unha moi vella edificación dunha planta, nada máis, onde metían e sacaban gando; cousa da que me decataba pola mañá cedo cando viñan cargar ou descarga-las reses. ¡Unha morea delas, alí amontoadas en sitio tan pequeno!. Pero con todo, agora que xa tedes unha idea da xeografía da miña “provincia”, o máis importante de todo. Repito O MÁIS IMPORTANTE DE TODO, era o enormemente longo pasamáns das escaleiras do meu piso. ¡Baixar por alí era unha gozada!. Viñan do estranxeiro (quero dicir, da “calle da Iglesia” ou doutros “países”) a desfrutar dela. ¡Ai que tempos!

Seguindo rúa abaixo, íase dar ó Río Pequeno, unha das nosas máis importantes posesións. Vamos, como ter o mar, para certos países. O derradeiro edificio, antes do río, á man dereita, era a carpintería de Penedo, xunto coa parte de atrás da casa de D. Luís Calvo. E, á man esquerda, a fábrica de fariña. Por riba dela pasa, agora, a rúa Barcelona, mais aínda quedan nun curruncho, restos ruinosos dos enormes muros da fábrica. 

Antes e despois do río, había unha pequena porción de árbores. Pequerrechas, pero que daban ó lugar un aquel de natural. Máis aló do río, pasando por unha pequena ponte sen varanda, nin nada máis que catro lousas no chan, achegabámonos ós Baños Novos; como a uns vinte metros do río. Á man esquerda estendíase un enorme prado (o remate do mesmo é hoxe o Pazo da Cultura): o Campo de Barrán, sempre verde, e nalgúns invernos totalmente asolagado. ¡Barrán!, meu Deus que medo nos daba aquel home (aínda agora arrepío ó lembralo). Non creo que fora seu o campo, pero actuaba como un celoso dono. ¡Cantas veces ten corrido tras nosa, escorrentándonos do lugar, aterrorizándonos!. E non era para menos: era o matachín do pobo. E iso dáballe un aquel de “ser indescriptiblemente perigoso”. O terror dos nenos: “¡¡Que vén Barrán, que vén Barrán!!”, e todo-dios  saía escopeteado en tódalas direccións, saltando o que fora necesario saltar. Cajonodemo, que medo nos poñía. 

Pero bueno, daquela sempre andabamos correndo diante de alguén: dos “serenos” (acepción antiga coa que se denominaba a actual Policía Local; nome hoxe perdido): “¡pirulo, pirulo!”, e ala, a correr porque como te collan vanche quenta-lo cu dabondo. Mesmo de Don Venancio, o noso cura párroco: entrabamos na igrexa e subiamos ó seu campanario (¿lembrades que estaba chea de mouchos?). “¡Don Venancio, Don Venancio!” e, veña, outra carreiriña de obstáculos. Tiña que haber máis destacados atletas hoxe en día con semellante adestramento. 

Pero volvamos ó río. Era, aquel, un lugar case máxico. Non podo esquecer a estraña mestura de arrecendos e cheiros que impregnaban o lugar. A fresco, a follas húmidas, a herba, á terra enchoupada de auga. A espadanas e fiúnchos do Regato; a flores segundo a estación; á palla seca no verán. Pero tamén a terra descomposta , a metano, ás augas fecais dos Baños Novos e pouco máis. ¡Mmmm!, ata os cheirumes parecíanme deliciosos aromas. No seu conxunto lembro todo isto como unha agra de olores e fragrancias diversas, adornadas cos chíos dos merlos, dos xílgaros, dos paporroibos, e demais aves do campo. Sona rebuscado, pero tal que así o sentía eu. 

Preto de alí, seguindo por unha corredoira íamos dar á fábrica do Xordo, onde un novo arrecendo a serraduras, e madeira de resina, mesturábase co intenso barullo das serras ferindo as táboas dos pinos e eucaliptos. Carballos e nogais poucos, que che eran tempos moi duros. Aquí tedes outra das nosas valiosas propiedades: alí forneciámonos das cascas, imprescindibles para a tempada de facer barcos e lanchiñas, e xogar no río Pequeno con elas. ¡Que marabilla!. Todo un acontecemento. Unha Cutty Sark en minitatura. Todo o mundo esmerábase na fabricación do mellor barco. Habíaos grandes, pequenos; con velas e con mastros, ata con canóns. A min os que máis me gustaban eran os que levaban unha quilla feita de lata. Espectacular ver a todos aqueles pícaros ó redor das cascas, xa convertidas en belas embarcacións, competindo na auga, entre risas e carreiras. E viñan de todas partes ó noso río, no tempo das barcas. Porque, daquela, todo ía por temporadas. A temporada das barcas, a das bólas e “guás”; a dos trompos, tamén ás veces o “tirabogas”, ademais dos más correntes, os de decote: ás agachadas ou queda (“¡No te vayas capitán, que por ahí te van, que por ahí te van!...), a bandeira (¡encantábame xogar á bandeira!), policías e ladróns, e tamén ó “brilé”. Logo de vez en cando dábanos por xogar á billarda e o palán. Non era moi bo eu neste xogo. 

Un dos nosos máis interesantes e divertidos pasatempos, non obstante, consistía na construción dunha caseta de táboas, latas, cartóns e outros materiais, que aínda que pequena, viña a ser como o noso Pazo, o Sancta Santorum da “Calle da Salú”. Dentro tiñamos chistes (tebeos); ás veces refrescos. Alí dentro, xuntos, facendo un só corpo, contabamos ou contaban chistes e historias, a maioría das veces “verdes”, que espertaban a nosa precoz sexualidade. Iso, cando non había un concurso de “pallas” público, por parte dos maiores, claro. A natureza en estado salvaxe... Esta caseta, este pazo noso, lembro que a montabamos na parede última da casa de Penedo, mirando xa, cara o balneario. Dispoñía de gardiáns, precisábanse chapas de refrescos a modo de insignias. Tiñamos contrasinais (aínda que non sei para que: todos nos coñeciamos) para poder pasar. Non había mulleres, iso non. As rapazas xogaban a cociñas ou coas monecas, pero non podían vir á caseta. ¡Cada quen no seu sitio!. Eramos moi machistas, como toda a sociedade onde estabamos mergullados. 

Outra das tolemias que tiñamos, era o de ir cazar gorrións (ou o que se pillara), ¡e logo cocelo con patacas na nosa rúa!. ¡E comelo!. A esa tan intrépida misión, dedicábanse os máis hábiles co tirabalas, ¡que os había!, aínda que as nosas armas incluían tamén, arcos e frechas feitas con baleas de paraugas, e mesmo tirafundas (as hondas, para entendermos).

Como toda armazón social, tamén na nosa había, loxicamente, un líder e uns vasalos. Non sempre era o máis vello, ou o máis cachondo. Non sempre o que máis o merecía, pero cumpría o seu papel. Eramos unha auténtica tribo. Saiamos da casa como centellas cara a caseta, e reforzabamos, deste xeito, o noso aquel de grupo, de tribo. Vénme á memoria, ó falar disto, momentos amargos (como cando o xefe de aquela, Toñito o das Zocas, o maior de todos nós, vai ti a saber por que, impúxome un castigo no que se pasou unha morea de estacións: colgoume polos brazos con cordeis delgados, da parede de Penedo. Case me corta as monecas. Meu pai, do cabreo, perseguiuno correndo tras del por toda a vila de Carballo. ¡Se o colle...!) e doces (especialmente cando chegado o tempo, alá polo San Xoán, montabamos as cachelas, auténticos distintivos de grupo, e había que vixialas. Logo, prendidas as nosas miradas coa súa feiticeira luz, saltabamos por riba delas; riamos; cantabamos...).
Chegabamos á casa xa de noite. Sempre. Contra as nove ou dez; senón, había movida chunga, como se di agora. Cos pés mollados, a maioría das veces; arrabuñados ou mancados nos xeonllos (entón todos levabamos pantalóns curtos), ou se cadra coa testa aberta dunha pedrada froito das nosas “interaccións” con outros “países”. 

As pelexas entre “calles”, entre distritos, era unha constante da nosa vida de infantes. West Side History carballés. Habíache sempre algún quítame-alá-esas-pallas para saltar. E resolviámolo ¡a pedradas!, que doen máis que os insultos, ¡quero eu!. Coido que tódolos rapaces de aquela época primitiva, temos un selo nas nosas cacholas que se chama cicatriz. As nosas feridas de guerra. ¿Quen non?. 

Saíamos a xogar despois de comer, e como vos contei, volviamos á casa pola noite. Iso era o normal. Os nosos pais nin sabían que ocorría con nós. Non é que foran descoidados, non: é que nos soltaban nunha gardería enorme que era o noso barrio ou a vila enteira. Non só saíamos a pelexar, senón ás veces iamos a roubar o “ouro” (pirita, mineral dourado) do barrio do Chorís. Toda unha aventura pois tiñamos que atravesar zonas inimigas, e, ás veces, saír espendolados por mor dos habitantes do Chorís que nos cacharan. Mais todo isto daba moita adrenalina, ¡e quedaba volver polos camiños salvaxes cara as nosas casas!. O Chorís... un día vos falarei do misterioso Polvorín do Chorís. Iso é unha película de terror.

Nalgunhas ocasións as nosas saídas eran moito máis pacíficas, como a caza de grilos, emocionante onde as haxa; ou como un concurso de trompos, ou de guá, a celebrar no barrio veciño. Particularmente agradable e esperado era o xogo especial que tiña inventado Don Venancio, o noso párroco, á saída da igrexa, logo da misa principal dos domingos, que superaba con moito o carácter de acontecemento relixioso, e máis que nada era un acontecemento social, onde toda a xente de ben se reunía, vestida como para unha voda, e dar un paseo para ver e ser visto. Daquela o noso crego marcaba no chan (á porta mesma da igrexa) un enorme círculo; e no medio e medio poñía un patacón (dez céntimos de peseta, para os novos lectores). Un céntimo de euro é a moeda máis pequena de que dispoñemos hoxe, e iso equivale a 1,66 pta. ¡Case dúas pesetas!, e sen embargo naquel entón constituía toda unha fortuna para os pícaros como nós. O que fora quen de sacar a moeda fóra da circunferencia co trompo, quedaba co patacón. ¡Piñas!, había. Ademais de todo un espectáculo para os maiores, que miraban para nós compracidos. Eu non recordo que fose capaz nunca de facerme con semellante tesouro. ¡Ai meu Deus!, ¡que tempos!. 

Outra das saídas pacíficas que lembro con especial cariño, era no verán cando tiña lugar o prendido da Cachela Maior, a da “calle da Iglesia”, que normalmente facíase a carón da fonte que aínda preside a hoxe chamada Praza de Galicia. 
E tamén nesa época, tempo de San Xoán, tempo de moita xente, moitas luces, moitísimo barullo. Tempo de Festas (as patronais); nesa época, digo, tiña lugar un acontecemento tremendamente especial para min (non sei se para os demais): era o tempo de Barriga Verde. ¡¡Deus, que emoción!!. Aquela especie de pallaso, que chamaba á xente a berros para a súa atracción, era quen de falar, cantar e mover uns palitroques, ¡enriba duns rolos!, onde se equilibraba sen caer nunca. Engaiolábame. Quedaba tan apampado co meu ídolo, que nunha ocasión, pasando moito da hora de volver á casa, apareceu meu pai, coa cara descomposta, todo anoxado (en realidade asustado) de atoparme, por fin, no medio de tantísima xente como había nas atraccións das festas. ¡O meu Barriga Verde!. ¡O meu deus!, o meu heroe.

Tempos de onte. A color que me vén á memoria é o gris para o chan, e o verde ou dourado para os campos. Risas e por veces choros. Xogar, xogar. Correr. Logo durmir, e outra vez a empezar. Diante da Igrexa: partido de fútbol, pelota de trapo. E moi de cando en vez, “alto que vén un coche”, pola calle do Sol.

Así eramos. Así medramos. Como vedes (como recordaredes): momentos de ledicia e de pranto. E cando un é neno, tanto unha cousa como a outra, víveas con moita intensidade.



José María De la Viña Varela 2014
=======================================================================


*A EIRAS DAS MEIGAS*


A Eira das Meigas

Foi unha tarde de primavera. Xa a finais de maio. Ía calor, aínda que ben sei que tiñan que vir días de frío. Pero ese día realmente estaba precioso. 
Aproveitei para ir dar unha volta ó Monte Neme, como fixera tantas veces de máis novo.
Como sempre, a corredoira final, a que me leva ó cumio do Neme, está moi estragada. Teño que ter coidado onde meto as rodas do coche, non vaia ser. Pero ó final cheguei.

Sopra o vento. Non é un vento forte, senón máis ben unha brisa mareira. Chama a atención o silencio que o asolaga todo; que abrangue a tremenda paisaxe que se pode ollar desde onde  eu estou. ¡Ah!, ¡que marabilla!. Quedei embruxado da fermosura da vista que desde aquí podo ver. Alá abaixo Malpica e mais as Sisargas. O mar infinito; a liña branca do areal de Razo e Baldaio...

Un suave murmurio  do aire bate no meu rostro. Aquí non se oen as bucinas dos coches, os agudos lamentos das ambulancias, os cacofónicos berridos das motos... Non. Aquí non. Só esa brisa fresca con arrecendo a mar e mil outras herbas, que foi apañando o vento mentres subía polas abas do monte.
O Sol brilla aínda no serán. Os últimos grilos chaman ás compañeiras ó cortexo; os chíos dos paxaros e os docísimos cantos de algún merlo, tecen un decorado sonoro, de irresistible fermosura. ¡Ah!, que paz, que belas sensacións empapan o meu ser. ¡Cantos pensamentos bulen e ateigan a miña cabeza!, lembranzas da miña nenez.
E así, paseniño, vai esmorecendo o día. O Sol púxose, xa hai un anaco. E veu o silencio. Xa calaron os grilos; e as aves todas, dormen nos seus niños...

Vou coller unha chaqueta; o frío da noite rabuña a miña pel, mentres paseo entre os toxos. Unhas tímidas estrelas tremen no ceo. E unha Lúa cativa aínda deixa ver por onde vou.

Xa non vexo o mar, pero miles de luces acendéronse en terra; como afastados vagalumes amarelos. Son as estradas, e as vilas e lugares, e as súas luces que semellan a continuación do ceo.

Por aquí, por onde camiño, nalgunha parte deste cumio, hai (disque, que eu non o vin) un lugar máxico. Un lugar de pedras grandes tesas e ergueitas, formando un cromlech. É a Eira das Meigas. Cantas veces oín falar dela, mais nunca, nunca fun quen de atopala. ¿Será un encantamento?
Disque, que eu non o vin, alí se reunían as meigas e as bruxas, sobre todo na noite de San Xoán. Bailaban e brincaban toda a noite, convidando ó Demo a facer das súas, naquel aquelarre. Ían e viñan, correndo, voando, botando conxuros, enfeitizando a noite e máis o lugar. Disque, que eu non o vin; nin sei de ninguén que o vira. Mais é doado imaxinalo. E un queda preso de emoción de “velas” latricar, rir, e maldicir. E botar xuramentos e gargalladas obscenas, como cómpre a unhas meigas. E así toda a noite, mentres ó fondo no ceo escuro sobre Carballo, unas flores de luces estouraban silenciosas, caladas; espallando os seus pétalos de luces, e anunciando as Festas do pobo.

Contra o final da noite, fuxían as meigas nas súas vasoiras máxicas; en tódalas direccións, ¡sabe Deus a onde irán!.

Dúas bágoas no ceo, se cadra tres, cruzan de súpeto a negrura da noite. Pido un desexo, e dous máis...

Albíscase o amencer cara A Coruña. Cos ollos vermellos, canso e con sono, vou cara o coche. A máxica noite rematou. Toca recollerse.     








José María De la Viña Varela 2014

=======================================================================



*RÚA DA IGREXA, PERSOAS, OLORES E SONS*


Nacín no ano 1946 en Carballo de Bergantiños, na Rua da Igrexa nº 7, daquela escomenzaba na tenda de "Lolita Caamaño" e remataba no forno panadeiro de“Che”, paso obrigado das lavandeiras camino do San Martiño.


Fillo de Mercedes de Ermitas“A Modista” e de Manolo Prado “Do Banco da Coruña”, ó ser o pequeno da familia salvoume de ir lonxe de Carballo e non ter “a sorte” de meu irman maior Manuel, de marchar a estudar A Coruña a un colexio de curas. Abofe que nunca envexa tiven !!

A miña rúa tiña pouco percorrido, mais estaba chea de moito barullo, tiña unha morea de xente, so en duas casas, a do “Zafurro” e na de“Estrela” sumaban 20 bocas. Xa me diredescomo facian para darlle de comer a tanta tropa?posto a contar nunha ducia de vivendas haberia orredor de un cento de persoas. Era tamen reflexo da sociedade carballesa daqueles tempos, misturada de xente pudente, cos que se iban amañando e outros que comían cando tocaba “a carta mais alta”.


Por orden de arriba a baixo da rua, cabe sinalar que tiña unha soa beirarrúa e empinada, estaban as familias de Os Fuentes, Os Ximeno, Os de Estrela, Os Antelo, Os de Eluterio, Os Prado, Os Penedo, Os Pereira, Os Zarrufo, Os da Brasileira, Os do Che “O Panadeiro”, Os Peñita..

Nela vivian personaxes de certo renombre, Pepito Fuentes, Pepiño “Kubala”, Placido Antelo“O sereno”, Mino “O actor”Carlos Pereira……con industrais como Eliodoro “O das radios” e tamen os talleres de "Mahia" e de “Eduardo Fuentes”. Mais non se pode pedir, unha rúa con industria automovilística e radiofonica, bancarios, xente da farándula e autoridade municipal.
Esa banda poderíamola chamar a “material” mais habia outra banda, que era a”espiritual”, pois tíñamos a “Doceria Vella” e a “Igrexa Parroquial”, unha para frear os praceres do corpo ¡¡ Ay as galletas de améndoa, meu Deus !! e a outra para calmar os malos pensamentos, aquí como vedes tamen estaba Deus polo medio, ca inestimable axuda do señor cura, Don Venancio “O Chino”. 
Sempre recordarei a muralla o redor da Igrexa de San Xoán Bautista, unha das pocas belezas que tiña o noso pobo hoxe desaparecida, que servia de linde para amarrar os cabalos e bestas de carga nos días de feira. Era así mesmo fonte de ingresos da nosa pandilla cando apañabamos a chatarra da que se desfacia o taller "Eduardo Fuentes" pa logo venderlla a "O Lerio", facendo o reparto na fonte frente ó comercio "El Siglo" dos pais de José Ramón M. Pena.

A caron dela xuntabase todos os anosmorea de pólas con que se facia a cachela nas festas de San Xoán, os xogos infantis como "as bolas" e "a billarda" e tamen para subirse nela pa lembrar o que facía o fonanbulista do Circo que de cando en vez viña ó Campo da Feira nas festas patronais.

Hai pequenos detalles que se manteñen na miña memoria dende neno ata agora que xa estou camiño da terceira edade, son os olores e os sons de cativo da miña rúa.

Dos primeiros, os olores, cabe nomear o do carbón vexetal que saia das planchas de ferro no taller de costura de miña nai e que servían pa preparar os vestidos antes de ser entregados, outro e o da mantanza do porco do que era "mestre de ceremonia Barrán"O Matachín", un feito repetido anualmente no tempo do San Martiño, a elaboración dos chourizos,  a zorza a morcela o redor dunha mesa da cociña.

Dos segundos, os sons, hai un capital, o son das campás da igrexa, cando o facian para sinalar os oficios relixiosos, meu avó paterno Enrique, coñocido no pobo por “Enrique dos cans”, por sua afición a ter este tipo de animais, cando escoitaba esas campanadas farfullaba “A igrexa e un comercio, o cura un comerciante e ó sonda campá acude o ignorante”, por estas verbas podese pensar que meu avó non tiña unha sinalada fé cristiana, algunha tiña mais daquela maneira, nunca acudía a chamada pero non había finado no pobo que non tivera a sua compaña ata o cimenterio Das Labradas, onde se levaban os difuntos a costas.

Habia outro son que lembro de sobremaneira, cando era "a difunto", sonido dun so golpe, paseniño e cadencioso, realizado de maneira maxistral por "Pedro Fuentes" o sacristán “In pectore” da parroquia de San Xoán Bautista, mais tarde correspondido por seu fillo "Juan o da Morena" que chegou facer verdadeiras composións musicais misturando os sons das tres campás que penduraban do campanario.

Ó escoitar semellante son, miña avoa "Ermitas" daballe a cabeza mentras inquiria. Quén morreria?, a ventaxa de vivir preto da igrexa era que sempre eramos os primeiros en coñocer a mala nova, porque era e quen deixara de alentar. De qué morreria? Preguntaba asomada a folla da nosa porta, naqueles tempos a maioria finaba de tres xeitos, por vello, por enfermidade ou “de repente”, unha vez sabido quen era o morto e a causa, todo voltaba a normalidade na Rúa da Igrexa.

Pero sin dúbida uns dos sons das campás que mais me marcou foi cando ardiu o taller de carpinteria de "Basilio", unha polas lumeradas que ollaba por detrás da miña casa e outra o son repetido e imparable nunha noite que nunca crein que rematara.

Outro son que sempre recordarei, este agradable e entrañable, "ó dos Pereira", familia que vivian duas portas mais abaixo da miña casa, lembro o pai alto con sombreiro e bigote baixando pola beirarrúa cantando e tocando a guitarra, coma a xenetica e unha ciencia verdadeira, mais tarde tomou o relevo o seu fillo "Carlos"cantando e silbando de maneira semellante, como diría meu tio Casto “De casta le viene al galgo”,personaxes irrepetibles que deron cor a vida carballesa.

Podo asegurar que fun moi feliz naquela rua chea de vida familiar, hoxe coido que foi importante para formación da miña personalidade e tamen para forxar o meu sentimento carballés. Pequenas cousas que ó longo dos anos permaneceron durmidas na miña memoria, e que voltaron a xurdir en min grazas as xuntanzas cos “Amigos de los 50”.







Francisco Prado Valiño (2014)



==================================================

*AS BÓVEDAS"




Veña, veña !! Di “Mundo”, dende o alto da escada suxeta a parede. Vaites! ¿Cómo vou a recuar agora? Tentando que non se decatara da miña inquietude ó mesmo tempo que poñia un pe na primeira travesa daquela escaleira de madeira, único camiño que levaba o campanario da igrexa do meu pobo, oxe desaparecia.

Edmundo Navaza “Mundo” foi pa min o compañeiro co que iniciei moitas das aventuras o longo do primeiro tercio da miña vida, dende subir o valo mais alto ata marchar xuntos camiño da emigración, esta era unha das primeiras oportunidades da nosa longa carreira de andar no fio da navalla na nos nenez.

Xa no alto agarreime a man de “Ramoné” que tirando cara enriba axudado por “Piporro” encontreime de súpeto no medio do resto dos colegas que íbamos a escomenzar aquel suceso extraordinario para nosas vidas, coñocer o “inframundo” que nos deparaba mais alá daquel burato que aparecia na parede do campanario da igrexa parroquial de Xoán Bautista de Carballo de Bergantiños..
Votei unha ollada os compañeiros cos que iba a escomenzar aquela fazaña, alí estaban Xosé Luis Caamaño“Camañete”, Ramón Penedo “Ramoné”, Vicente De La Viña “Gervasio”, Edmundo Navaza “Mundo” e Pablo González “Piporro”, todos miraban cara min como recriminando a miña tardanza en asumir o risco da escalada. Veña, xa estou!! mentras sentía unha friaxe que me estarreceu vendo a negrura daquela abertura cara un mundo  descoñocido.

“As Bóvedas” nome mítico na memoria da nosa nenez que tiña para nos un significado misturado de máxia e risco, era sin dúbida un perigoso percorrido que se facia polos soportes donde repousaban a cerchas de madeira que sostiñan a cuberta da nosa igrexa, este espazo entre a bóvedas e o tellado era o itinerario dunha dificultosa viaxe ó redor da estrutura do templo carballés.


Quen asumia a cabeceira da tropa a maiora das
veces era "O Piporro" que tiña unha facilidade para escorrer o seu corpo entre o entramado das madeiras coma si fora unha serpe. Que no diría ó cabo dos anos exercendo a menciña en Lugo !!, este guía debía poñer en aviso ó siguente membro de seguido de calquer dificultade atopada, o terceiro ó cuarto e asi dunha maneira sucesiva, xa que o camiño faciase case na escuridade só iluminado polas raiolas que pasaban atraves dos buratos das tellas romanas do teito. O traxeto faciase con lentitude e moito coidado sin tentar poñer os pes nas bóvedas que tiñan gretas donde nalgunhas podiasen ollar os feligreses rezando. Foder, non sabían eles o que lle podía caer do “ceo”!Carallo!! ¿Que foi iso? di “Camañete” .guidandome do pantalón o que fixo que estibera pendurando coma unha campá da cercha que tiña enriba de min mentras unha curuxa petaba na miña testa. O Espíritu Santo, O Espiritu Santo!! , bromeu o “O Gervasio” mentras eu tentaba poñer os pes na repisa mais preto de min. ¡¡Vicente, deixate de brincadeiras que estiven a piques de facer unha desfeita ahí abaixo!! Mentras o resto da tropa destornillabase de risa agarreime o puntal coma si fora a miña nai.

Era moi corrente atoparse con pombas e paraxos que añiñaban entre o teito e incluso algún gavián o que facia da incursión unha proba chea de sorpresas, sustos e medos, que non esquereire.

Unha vez rematado o percorrido escomenzaba a aventura de baixar sin ser cachado polo Sacritán Xoán Fuentes “O da Morena” ou polo párroco D. Venancio Ruano o noso particular “Martelo do herexe” para non sufrir unha posible represalia daquel cura que “Donde non chegaba, mandaba recado”.

Este pequeno relato e en memoria de Vicente De la Viña Varela (q.e.p.d) e de Pablo González Regueira (q.e.p.d.), caros amigos que deixaron en min un recordó imborrable. 









Francisco Prado (2014)





===============================================


* AS BOTAS DE FÚBOL *


Tres datas marcaban a ilusión dun cativo en Carballo nos anos cincuenta, as festas de San Xoán, as de San Cristovo e o dia dos Reis Magos, estas festividades esperábanse como “agua de Maio” e escachaban a rutina dun pobo daquela pequeno, dandolle a dosis de adrenalina suficente para esperar a siguente oportunidade festiva.

Ca nariz pegada ó cristal da tenda de “Lolita Caamaño”ollaban unhas abraiantes botas de futbol dous nenos de idade moi semellante, era víspera de Reis e aquela tenda que durante o ano era mercería, votábase nunha mostra chea de xoguetes de todo tipo, nunha explosión de brillantes cores, repleta de agasallos en espera de que o peto dos nosos pais fora o suficente xeneroso e poder mercar as peticións daqueles que disque viñan do Oriente en camelos cas alforxas cheas.

Alforxas? mentaba Chicho “O Zorro” un daqueles nenos.Como as do Alforxudo? Cavilaba, este personaxe da Seman Santa carballesa que acudía a vender rosarios, medallas, escapularios, e demais artiluxios sacros e que levaba enriba do corpo cos guardapolvos cheos de faldriqueiras donde pudíase atopar calquer cousa que se lle pedira.

¡Oiches Chicho! dixo Pepiño “De Estrella” ¡Son cuspidiñas as que levaban os Gervasios o ano pasado! Siñalando con dedo as acharoladas botas de futbol , o que recordaba fora comentario xeneralizado entre a cativada nos Reis pasados cando irromperon Xosé María e Vicente na Rua da Coruña. ¡Tounos vendo! Asintiu “O Zorro”Acórdaste do ruido que facian os tacos no chan?

Votaranmas, si llas pido? Preguntou Pepiño sin moita convición mentras pensaba no lote de irmans que eran a vez que miraba os seus raiados zapatons, cos que facia verdadeiras marabillas cando collia unha pelota polo medio. ¡ Vouno a pensar! Sentenciou.

O dito di que cando Pasou o día, pasou a romería, e como na casa do pobre son días e nunca son romerias, Pepiño quedou sin suas señaladas botas un ano mais.

Falando de festas, as de San Xoán dese ano foron espectaculares con comparsas, orquestras, todo de tipo de entretementos cunha praza do mercado chea de casetas para o deleite da xente propia e allea, e unha cachela monumental que daquela volta representaba ó gremio de taberneiros.

O grupo de amigos de Chicho e Pepiño xuntabase polas mañáns os cinco días de festa diante da igrexa parroquial para encamiñarse a botar unha ollada o redor das actracions, subindo o tiovivo, tirar as cintas cas escopetas de balins ou tentar a sorte na caseta de Camafleita que berraba de seguido ¡Xoguen, xoguen, xa está a rata baixo da lata, xoguen, xoguen! Mais coma a paga non era moi grande e había que extricala, os rapaces miraban mais que xogaban.

Nesto ¡¡Meu Deus!! exclamou Pedro “Torretes”. Ves o que estou vendo Pepe? Todos levaron os ollos o alto dunha manpara de madeira rodeada de xente nas que pendían unas“BOTAS DE FUTBOL” fermosas e relucentes cunha lenda debaixo ¡Si acertas pódelas levar! A tirada a 1 Peseta. eran moitos cartos, pois habería que pasar un balón cinco veces seguidas ó través dun cadrado de case a mesma medida do coiro.

Dos catro cativos, Manolo “Mincha” tiña una certa facilidade para analizar as situacións preguntou Cantas moedas ten cada un? Xuntaron sete pesetas, había para inténtalo so unha vez. Quén o vai facer? Calquera deles era un bo peloteiro, decidiron que probara Pepiño duas veces cos premios menores para ver como se lle daba.

O fillo de Estrella agarrou o balón e o púxoo na marca que siñalaba os once metros, igualiño a tirar un penal, sin coller carreira ¡¡Zas!!, polo burato limpamente ¡¡Premioooooo!! berrou o tomboleiro dándolle un paquete de caramelos, segunda rolda ¡¡Zas!! Atravesou o cadrado petando lixeiramente na beira do buraco ¡¡Premio!! Nesta volta non berrou limitouse a entregarlle un lote de garrapiñadas e dandolle as costas a Pepiño volveo a facer a chamada a clientela ¡¡Xoguen, xoguen!!

¡¡Eh, un momento, vamos xogar ó premio grande!! Berrou “Torretes”, o tomboleiro tornou a xunta dos cativos ¡¡Veña liscade!! dixolles baixando a voz, temendo que as botas voaran con acerto do rapaz.

¡¡Non, Non, vamos a xogar!! Insistiron xuntos Chicho e Manolo mentras o fulano dáballe o balón a outro cliente que non acertou o lanzamento, “O Torretes” rechinou os dentes ¡¡Cagono Demo!! e botouse ó tomboleiro mentras o compañeiros suxeitábano po lo pescozo.

Qué pasa, que pasa? Escoitouse una voz detrás deles, era Juanito “O Ferreiro” (q.e.p.d.) tipo xuncal con brazos como aspas de muiño que lle levaba unha testa a todos os que presenzaban a rifa entre o tendeiro e os rapaces. ¡¡Pois queremos tentar gañar o premio e non nos deixa!!Juan botoulle un ollada ó tomboleiro que nervoso soltou un fío de voz ¡¡Claro, claro, como non!!Dándolle de contado o coiro ó “Kubaliña” mentras collía as cinco “rubias” da man de “Mincha”.

Cada vez xuntábase máis persoas ó curro que facia a xente ó redor de “Pepiño”, pousou o balón no chan, tomándose todo o tempo do mundo mentras na sua mente aparecía a figura do seu ídolo“Ladislao Kubala” do que lle viña o alcume. Tomou alento e ¡¡Zas!!Polo burato entrou a bola ó mesmo tempo que os berros da xente ali presente.

Os catro intentos siguientes culmináronse con unhas traxectorias de perfecta execución que firmaría o mesmisimo Ladislao, mentras escoitábanse os numerosos aplausos da concurrencia.

Por fin Pepiño, tiña a suas botas de futbol, e quen dende aquela data adquiriu de por vida o apelido “Kubala”.

Este relato está baseado nunha historia acaecida naquela época, que hoxe e lenda na memoria dos "Amigos de los 50", e donde o autor incorpora algunha aportación da sua colleita.





Francisco Prado
13-10-2014




===============================================

* A RIBEIRA DO SAN MARTIÑO *



 “Non o movas” achegando o pitillo a pranta do pe, “Non vaias a queimarme “ queixouse Xoán “Elias” como pregandolle a Xulio “Gorrión”, que poñendo a brasa do cigarro enriba da samisuga, soltouse. Esta tarefa era corrente facela o longo da xornada, porque abundaban na ribeira do San Martiño , coido recordar que Manuel “O Rato” o mestre, contounos que eran moi lonxevas e que puideran vivir cerca de 30 anos, dende logo aquela non os cumpriría.

  O San Martiño para a nenez e xuventude era noso hábitat natural no veran carballés como di Luis “Mosteiro”, era o punto de encontro para bañarse cos amigos e tamen para facer algunha que outra falcatruada.

  Sin dúbida era un lugar previlexiado, porque ficaba polo norte cunha banda chaira llea de prantacións de maínzo e pola outra banda o piñeiral do “Grisario” que ó abrigaba do vento sur. Aquela piscina fluvial compoñiase de tres partes diferenciadas partindo do senso da corrente, Pozo Pequeno, Pozo Grande e Xuncal, o primeiro era o cauce do rio donde se facia pe e aprendían a nadar os mais cativos o segundo era o lugar axeitado para votarse a agua dende o bico dun grande abeneiro deitado sobre rio e por a profundidade que tiña aquela zona do Allons.
De seguido viña o Xuncal que facia de parapeto as miradas das lavandeiras que trafegaban enriba dunhas lasas ca roupa ou cas tripas de cocho para facer os chourizos. ¡Demo delas! Mentras batian as sabas contra a pedra axexaban de reollo a “ferramenta” dalgun mozo que de cando en vez dispoñiase a chiparse dende o alto do abeneiro.

  Naquel anaco de rio xuntanbase todas a idades e condicions , lugar adiantado a sociedade da época por su aceptación ó “nudismo”, ali tanto adultos como cativos bañanbase "en coiros". Era un sitio de esparcimento para dar rolda solta a toda maneira de manifestación, donde se remexian as personalidades e se coñocian os defectos e virtudes de cada un.

  A xuventude viña a bañarse de todas as zonas do pobo pero maiormente das ruas preto do “San Martiño”, Camiño Novo, Ruas da Igrexa, Coruña ou do Sol, ali estaban Lito “De Sabina”, “Paco De Luisa”, Xosé Luis “Piel”, Manolo “De Virxinia”, os dous Esteban “O da Roda “ e “O da Brasileira”, Beto "Antelo" etc. Con algún que outro venidero como Xosé Antonio “Tarzan” que sempre nos deixaba ca boca aberta con seus saltos dende o bico do abeneiro.

   Para achegarse o San Martiño a xente o facia donde remataba a Rua da Igrexa por un estreito camiño que comenzaba pegado o valo do forno panadeiro de “Ché” cruzando os prados de “Barrán”, lugar donde de cativos colliamos grilos mentras aproveitabamos para comer os “cañotos” que medraban entra herba. Os da Rua do Sol faciano por unha baixada preto do taller de meu parente Manolo “Tatá” o talabardeiro, fillo de José Seoane irman de miña aboa Ermitas, ainda que lles quedaba un pouco mais lonxe habia a miudo presenza de veciños do redor da ponte do Campo da Feira e da Milagrosa, como o meu compañeiro de estudos Victor Ordaz “O da Capela”.

Hoxe en día cando teño a oportunidade de pasar a carón do San Martiño, antes da xuntanza no “O Mexillón” para ir a cea do “Amigos de los 50”, teño a costume de facer unha pequena camiñata pola beira daquel lugar de maneira pousada achegarme ata a pasarela e dende ali votar un ollada xeral aquel lugar agora case irrecoñocible, deixando voar a imaxinación ó tempo que se amorean felices momentos ali pasados e xurden na miña testa imaxes, nomes e rostros da daquela xente, “miña xente”, amigos queridos que xa nunca mais volverán.

  Nota do autor: A modernidade pode levar a compaña da beleza, a natureza por si soa, e beleza.








Francisco Prado
16-10-2014







* O CRITERIÚM DA CASILLA *



Mes de Xullo de 1958, Ponte de Isabel II, Carballo.

¡Meu Deus como peta Lorenzo! Xurdiu unha voz do medio da morea de bicicletas que apiñadas no Ponte da Casilla dispoñianse arrincar na proba clásica do veran carballés, eran as doce da mañán e quentaba o sol como para secarlle os sesos a toda aquela rapazada.


Eu era parte dos que estaban de “miranda”, o sexa dos que lle tocaba aplaudir xa que non dispoñia do “equipamento” para formar parte da categoría de ciclista, “ANDAR EN BICICLETA É SAN E BARATO” di a publicidade nos xornais, ¡Si, si, barato, para os ca tiñan! Poido decir que na miña casa tiñamos unha, a do meu irman, suceso moi frecuente nas familias daquel tempo, primeiro o primoxenito, logo o que viña detrás e si houbera un terceiro xa podía rezar a San Xermán, patrón dos ciclistas para que intercederá por él.

Por qué critérium, sendo unha simple carreira de bicicletas?, Porque desenrolabase dentro do pobo nun circuito que escomenzaba na Casilla torcendo na curva que pasaba pola casa do“Largo”, camiño da Ponte da Feira, subindo pola Rua do Sol, Praza do Xeneralisimo hoxe de Galiza, para virar na Farmacia de Tinitos para enfilar a Avda. de Fisterra, pasando por diante do ultramarinos de Doña Amalia e rematar na Ponte de Isabel II.



Ven, ali estaban para escomenzar a carreira, Chicho e Alberto “De Basi”, Toñito e Mirucho "Guillén", Xusto e José Luis Pose "Chochi, J. Ramón Martinez Pena, Manuel Prado, Pancho Labarta, José Navaza, J. Manuel Pedrouzo, Siro Piñón, "Os Picheles.....O mais florido da xuventude bergantiñán.

Era época de vacacións e xuntábanse todos aqueles que estudaban fora de Carballo cos que nos mantiñamos “a forza” no pobo, pola misma razón de cando mentaba o reparto das bicicletas. Era unha proba amateur e amigable que so tiña un soa regra “aguantar” , cando che doblaban,¡Ata logo Lucas! votábanche da carreira.

Tades preparados? Preguntou Moncho “O Rallano” ¡¡ Siiiiiiiiiiiiiiiiii….!! Berraron os compoñentes da “serpe multicor”, nunca mellor dito, non había un uniforme que se repetira, pois aquela tropa era de condición moi variada a bofe notábase na vestimenta.

Moncho xa tiña daqueles tempos dotes para o mando que mais tarde empregou na actividade de Garda Municipal donde asinaronlle o alcume de “Plinio” , por sua semellanza co personaxe dunha serie mítica da TVE.

¡Ala van! Os esforzados deportistas carballeses camiño dunha gloria efémera e tan pasaxeira como que remataba cando había que tomar o trolebús camiño dos estudos ó finar as vacions.

¡Ali veñen! Berramos os que estabamos de espectadores cando vimos chegar os primeiros a altura da Pista de Macias. ¡Si, si, aloveñen! Berraron os demais. ¡Que coño veñen, si ven un so! Dixo “O Rallano” tiña razón ó longo da estrada viase chegar un solitario ciclista que votado enriba daballe os pedais como si lle fora a vida nelo, pasou como alma que leva o diaño entre todos nos ¡¡E “Chochi” e “Chochi”!! repetia Luis “Candido” e cando nos dimos cónta, Xosé Luis o fillo de Xusto xa estaba a carón de casa de Balsa o peón camiñeiro, sin mais tempo que xirar a cabeza e ver que o pelotón achegábase a ponte.

Esta imaxe repetiose nas siguientes voltas o que fixo que os cativos que estabamos ali perdimos o interese na carreira, porque sin dúbida xa había un gañador recoñocido, Xosé Luis Pose“Chochi” o que fixo que cambearamos atención cara os pescadores que estaban no rio Allons.

Na beira esquerda do rio na baixada da casa “Da Peneda”estaban ca cana dous troiteiros coñocidos por todos nos, un deles era o irman do meu amigo Luis, Cheché “Candido” e un pouco mais aló Chicho “Cordido” que de cando en vez xiraba a cabeza dun lado a outro, como temendo que aparecerá“Machetas” o gardarios, penso que licencia non tiña pola maneira daquel comportamento.

Por outra banda donde desemboca a Rua do Rio que escomenzaba na casa de Maria de Santos ata o Chalet de Eliseo Pazos, remataba un camiño por donde facia presenza outro compremento necesario no entorno do Allons,Primitivo “Lagardelle” cargando unha moi longa cana moura, botas de goma negra e un caparucho de palla, adquiriu seu alcume porque se asomellaba ó personaxe da revolución gabacha, podiase decir del aquela opinión que tiña Quevedode Góngora “Por calquer lado que o mires, fai esquina” .

Medía o redor de metro e pouco, corpo cherepudo, con cabeza e pernas grandes, visto dende da ponte parecía unha cascuda con sombreiro rateando por enriba da lama.

Votou a sedela no rio e mirando cara a Cheché preguntoulle. Qué picán? O Candido votoulle un ollada por debaixo da gorra de pano, e 
soltou ¡Si, os collóns! En tanto Cordido tirou a sua cana entre as aveas e escachiflabase de risa cas mans na barriga. Lagardelle respondiu ¡Pos ráscaos!Mentras arrastrando aquelas botas “de sete leguas” encamiñose cara o rio pequeno doMatadeiro, daquela Chicho berroulle. Dónde vas alpabarda? ¡Que xa apañei as armadillas que puxeches pola noite! o mismo tempo que lle cantaba ¡¡La cucaracha, La cucaracha ya no puede caminar ……!!
Fora alma, Primitivo era un lampreiro e troiteiro de primeira magnitude, lle teño visto coller moitas troitas e anguias, aproveitando os recreos da Academia Esteco que estaba a carón do rio e donde eu estudaba o bachillerato. A pesares de ser un home pouco agraciado tiña una muller bastante mais nova quel e dunha traza moi arranxada.








Francisco Prado (14-10-2014)
===============================


* OS CANDISO, UNHA ESTIRPE FUTBOLEIRA *




Ponos un “fonteousal” dixo Luis.... E iso que e?. di o taberneiro.... Logo non o tés? insistiu O Candido.... Ter que? Inquiriu o fulano.... Home o mellor viño pa chatear, poñendo cara de entendido.... Pois non, sinto, dixo entre cabreado e aflixido o da tenda....  Ben, logo ponos o que teñas por ahí sentenciou Luis,  mentras os seus miolos recollian a información comercial “Habera que decirllo a Bautista”.

Bautista era un dos nove irmans que compoñian a familia coñecida polos “Candidos” o “Os da Lidia” o primeiro dos alcuños viñalles polo nome paterno e o segundo pola fábrica de gaseosa “Espumosos Lidia” que fundou no ano 1943 Candido Rodriguez.

Venme a memoria unha anédocta que teñolle escoitado a meu pai cando se facían aquelas xuntanzas domingueiras no patio “Das Conchas”,  taberna onde se falaba de futbol vispora do partido. Disque que a semana anterior o referido Bautista xogando co “Bergan” fixera unha morea de goles. Tal fazaña era eloxiada polos concurrentes, Manolo “O Rabelo” e Paco “De Ermitas” falaban dun futuro fenómeno balompédico, Santiago “Cereiro” animado polas cucas do loiro riveiro da mítica taberna carballesa, agoiraba a sus posible fichaxe por o “Depor”, a pandilla axudada pola eufórica etílica seguiron facendo garabanzas do rapaz ata a hora de xantar.

Máis a esperanza dos aficionados carballeses finou, aquela tarde o rematar o partido en “Pedras Brancas”  donde a futura estrela futbolística bergantiñan non marcou gol algún.

Naquela época as familias numerosas eran frecuentes na vila carballesa, Os Zafurros, O da Morena, Os de Estrella, ata unha Naquela época as familias numerosas eran frecuentes na vila carballesa, Os Zafurros, O da Morena, Os de Estrella, ata unha foi “premio nacional de natalidad” Os Agrelo da rúa do Sol que chegaron a ser vinteun. Máis voltando a “Os da Lidia”, compoñiase  de nove fillos, tres mulleres Lola, Chona e Esther e seis homes ainda que a Gonzalo gustaballe o balonman o resto Manolo, Cheché, Bautista, Pablo e Luis, tiñan xeneoloxía futboleira, e forman parte da historia do Bergantiños C. F.

Manolo “gardamaias”, Bautista dianteiro, Pablo centrocampista con Cheché e Luis zagueiros, todos eles puxeronse a “elástica” bermella do club bergantián, forón moi bos peloteiros máis hai que ter en conta dous entre eles que brilarón de sobre maneira como futboleiros, Cheché e
Pablo “Tablilla” xogadores da Terceira División, cando so había tres categorías nacionais, inda que habería que poñer a “Tablilla” como un xogador de clase excepcional que escolleu a vida empresarial en lugar dun prometedor futuro no futbol de elite chegando a rexeitar una proposta de Yanko Daucik adestrador do Real Betis Balompe daquela época.

Os Candidos historia do Bergantiños F.C.







Francisco Prado - 2015